Os antigos Pobo Nobreza       Peregrinos

Frente do sarcófago do bispo Martín el Zamorano (s. XIII) da catedral de León. Realizado con moita finura, débese ó "Maestro
de la Virgen Blanca
", así chamado porque a el se debe a preciosa Virxe Branca que estivo orixinariamente no parteluz. O bispo, preocupado pola súa honra post mortem e por ir ó Paraíso, logo do Xuízo Universal, mostra a súa caridade e misericordia a
través dos seus serventes que dan auga e pan a peregrinos (a Santiago de Compostela) e a pobres. Algúns están paralíticos.

O peregrino con pelliza (pel de ovella) remite á imaxe dos pobres e peregrinos das Cantigas de Santa María, de Alfonso X
o Sabio de Castela (
1252-1284). Sobre ese mesmo modelo esculpiuse o Santiago Peregrino do desaparecido
mosteiro de S. Francisco de Betanzos (s. XIV), hoxe no Museo das Mariñas. Pintura: Alfredo Erias
©

Alfredo Erias cos nenos do C. E. I. P. San Marcos de Abegondo (febreiro de 2016) frente ás escenas do sarcófago
do bispo Martín el Zamorano (s. XIII) da catedral de León. Ó fondo vese a pía bautismal de Hospital de Quiroga
coa espectacular imaxe do home verde (green man).



Alfredo Erias cos nenos do C. E. I. P. San Marcos de Abegondo (febreiro de 2016) frente ó Santiago Peregrino do desaparecido
mosteiro de S. Francisco de Betanzos (s. XIV), hoxe no Museo das Mariñas. Leva pelliza (pel de ovella), báculo encintado,
libro do evanxeo e cantimplora.

INICIO