Os antigos | Pobo | Nobreza | Peregrinos | |||||||
|
||||||||||
![]() |
||||||||||
O MESÓN-MUSEO XENTE NO CAMIÑO está ubicado á beira do Camiño Inglés, en PRESEDO (ABEGONDO). Mostra ó mundo a imaxe dos galegos do mundo antigo e medieval a través dos debuxos aqueolóxicos e pinturas (ademais de numerosos traballos de investigación) de Alfredo Erias, doutor en Historia da Arte pola Univ. de Santiago de Compostela, director da Biblioteca, Arquivo, Museo das Mariñas e Anuario Brigantino do concello de Betanzos. |
Guerreiro de Lezenho, segundo interpretación de Alfredo
Erias
(©). Como o resto dos guerreiros do territorio que os romanos chamarían Gallaecia, uns 22 en total, son de orixe prerromana e situábanse nas murallas dos castros, dando a imaxe de xefes poderosos. En xeral adórnanse con torques e brazaletes de ouro, levan escudo denominado caetra e puñal. No torso visten unha prenda probablemente defensiva (quizais de coiro) que pode ir ornamentada. E levan un saio curto, ás veces adornado con liñas diagonais entrecruzadas á maneira das teas antigas que aínda chegan dalgunha maneira ata nós. Interpretación de Alfredo Erias (©) |
Guerreiro celtorromano en marfil, posible ficha de xogo, que apareceu no campamento romano de Aquis Querquennis (cerca de Bande, Ourense), hoxe no Museo de Ourense. Interpretación de Alfredo Erias (©) | Estela funeraria "de Dionisos e Ampelos" (Museo Quiñones de León, Vigo). Interpretación de Alfredo Erias (©) |
Estela funeraria de Apana, atopada en Crecente (S.
Pedro de Mera, Lugo). Ten 2,81 m de alto. Ingresou no Museo Provincial de Lugo
no 1995. Data de mediados do s. I. Lectura de Enrique Alcorta (MPLugo): APANA . AMBO LLI . F(ilia) . CELTICA SVPERTAM(ARICA) [Ɔ] . MIOBRI AN(Norum) . XXV . H(ic) . S(ita) .E(st) APANVS . FR(ater) . F(aciendum) . C(uravit) "Apana, filla de Ambolo, do pobo dos Célticos Supertamáricos... do castelo de Miobri. Morta aos 25 anos. Aquí está enterrada. Apano, o seu irmán, mandou erixir esta dedicatoria". Interpretación de Alfredo Erias (©) |
||||||